Destacados Vigo al minuto

O BNG demanda que o Concello mobilice xa 15 millóns ante o agravamento da crise en Vigo

Alerta de que os índices de pobreza medraron un 10% na cidade

Vigo expulsado do 'Pacto das Alcaldías' por non respectar o pacto contra o cambio climático

Alerta de que os índices de pobreza medraron un 10% na cidade

O Bloque Nacionalista Galego demandará no vindeiro Pleno municipal, previsto para este mércores, que o Concello de Vigo despregue medidas urxentes fronte ao agravamento da crise. Dende o BNG denúncian a «incapacidade dos Gobernos galego e español para enfrontar o actual contexto», polo que pide mobilizar o máximo de recursos municipais ante o «empeoramento de todos os indicadores sociais e económicos na cidade».

«Situación de emerxencia social»

«Despois de non termos superado completamente a crise do ano 2008, os efectos combinados da pandemia, da guerra da Ucraína e o incremento descontrolado da inflación están a provocar unha situación crítica de emerxencia social», subliñou o concelleiro do BNG en Vigo.

Xabier P. Igrexas alertou que só nos últimos meses a carestía da vida derivou nun aumento do 10% nos índices de pobreza na cidade.

O Concello ten capacidade económica e pode destinar 15 millóns de euros

Igrexas salientou que o Concello conta cunha ampla capacidade económica para despregar un «ambicioso» programa de medidas que evite que esta crise «se torne nun novo saqueo antisocial».

Neste sentido, a moción das nacionalistas reclama una modificación orzamentaria de 15 millóns de euros para financiar un «parapeto social» a nivel municipal. «Pouco máis do que quere enterrar Abel Caballero no ascensor Halo de Star Trek ou apenas un 25% do que se vai investir polo momento na reforma do Estadio Municipal de Balaídos«.

Medidas ante o desemprego e a inflación

Entre as medidas propostas polo BNG, Igrexas destacou a necesidade de aumentar en 5 millóns de euros o orzamento do Plan Municipal de Emprego. O concelleiro do Bloque asegurou que a falta de oportunidades laborais é unhas das principais preocupacións das viguesas e dos vigueses diante da continuada «desertización produtiva» na cidade, coa destrución de 2.000 empregos industriais no que vai de ano e máis de 10 mil desde 2009.

Perda de poder adquisitivo

Ante a perda de poder adquisitivo, derivada do incremento disparado da inflación un 11,7%, o BNG chama a ampliar as partidas sociais, entre elas, unha convocatoria extraordinaria do coñecido como cheque social e aumentar as axudas de emerxencia destinado a cubrir gastos básicos.

Na mesma liña, pide poñer en marcha dun programa de distribución de alimentos e bens de primeira necesidade para persoas en exclusión social e pobreza, que superan xa as 60.000 na cidade, e facer gratuíto o autobús urbano para desempregadas de longa duración e perceptoras de axudas sociais como a Risga ou o IMV.


Un 30% máis de persoas acoden aos servizos sociais
do Concello

Igrexas alertou ademais do incremento dun 30% das persoas que acoden aos servizos sociais municipais desde 2020, unha evidencia da situación crítica e das dificultades de moitos fogares para facer fronte ao contexto actual de crise.

«É preciso reforzalos con máis persoal para axilizar a atención das máis vulnerábeis, que hoxe teñen que esperar nalgúns casos até mes e medio», denunciou o concelleiro do Bloque.

Vivenda

A vivenda é outro dos problemas sociais apuntados pola fronte nacionalista, cuxos «prezos de alugueiro son os máis caros de Galiza e medraron até un 40% nos últimos cinco anos», mentres que os de compravenda subiron este ano un 7,3%, triplicando o aumento rexistrado a nivel estatal.

O edil nacionalista insistiu na prioridade de crear un parque de vivenda municipal, nomeadamente da oferta en réxime de alugueiro social, así como buscar fórmulas para incorporar a este parque as miles de vivendas que teñen a Sareb e as entidades financeiras rescatadas con diñeiro público.

Apoio ao pequeno comercio de Vigo

Desde o BNG valoraron tamén urxente medidas de apoio ao pequeno e mediano comercio local, para o que demandan crear un bono de consumo para familias de baixos recursos dotado con 3,5 millóns de euros. Aliás, reclamaron estudar a modificación das ordenanzas fiscais para ampliar as exencións, bonificacións e facilidades de pagamento, tanto familias como para o comercio, co obxectivo de facer as taxas máis «xustas e progresivas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.