Cultura Vigo al minuto

Homenaxe de Nigrán a Domingo Villar cun roteiro sobre ‘A praia dos afogados’

Este mércores, día 27

Este mércores, día 27

O Concello de Nigrán renderá homenaxe este mércores ao que considera o seu escritor Domingo Villar co roteiro literario ‘A praia dos afogados’, novela negra na que o municipio xoga un papel moi destacado. A mesma andaina repetirase o 31 de agosto e o Concello a incorporará aos seus roteiros habituais con material informativo específico. Os interesados deben presentarse con roupa e calzado cómodo ás 20:00 horas na Praia da Madorra.

O «mellor embaixador» de Nigrán

«Domingo Villar foi o noso mellor embaixador e queremos agradecerllo deste xeito a el e a todos os seus seguidores», explica o alcalde, Juan González, quen incide en que non se trata da primeira vez que o Concello ofrece este roteiro, pero sí a máis emotiva ao ter falecido o seu autor inesperadamente o pasado mes de Maio.

A diferencia con respecto ás anteriores andainas é que, precisamente, os lectores serán os protagonistas puidendo participar lendo pasaxes do libro. «Cremos que é a mellor homenaxe póstuma que podemos ofrecerlle: manterio vivo o seu legado cultural en Nigrán a través da súa obra«, resume González.

Na Madorra, onde apareceu o corpo de Xoán Castelo

Os asistentes descubrirán e coñecerán os lugares nos que transcorre a trama do libro ‘A Praia dos Afogados’. Por iso se iniciará na Praia da Madorra, onde aparece o corpo sen vida de Xoán Castelo ‘O Rubio’, continuará no porto pesqueiro para coñecer un pouco a vida dos homes do mar, as embarcacións e edificios dos que Villar fai alusión no seu libro, e posteriormente, e tal como fixo Leo Caldas, os asistentes camiñarán ata o Templo Votivo do Mar, desde onde se dirixirán ao lugar onde aparece a barca afundida de Castelo, aos pés do Faro de Punta Lameda.

Lendo o libro

«Durante todo o roteiro iremos lendo pasaxes do libro, onde animaremos aos interesados a participar destas lecturas, vinculándoas a diferentes episodios, pero sobre todo, renderemos unha pequena homenaxe á memoria de Domingo Villar, asiduo visitante e persoa moi querida no noso Concello e que tanto promocionou nesta novela», explica Rosa Leiro, a técnica de Turismo do Concello que elaborou a andaina e quen a guiará.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.