Comarcas Vigo al minuto

Redondela a todo tren

El ‘Tren Turístico’ permitirá conocer los lugares más destacados del Concello

Este venres, o tren comezará a circular por Redondela

El ‘Tren Turístico’ permitirá conocer los lugares más destacados del Concello

O Concello de Redondela, coa finalidade de potenciar as actividades turísticas coas que conta, poñerá en marcha, o vindeiro venres, o servizo de Tren Turístico, unha iniciativa que permite coñecer os puntos máis destacados de Redondela.

Esta iniciativa está dirixida non só a persoas que peregrinan e visitantes, senón tamén a veciñanza que, dun xeito distinto ao habitual, poderá percorrer a súa vila e mirala dende unha perspectiva distinta.

A alcaldesa Digna Rivas subliñou precisamente ese aspecto de que «veciñas e veciños descubran a súa vila ‘con outros ollos’ e dun xeito tranquilo e distinto, percorran o casco urbano e o porto e a praia de Cesantes«.

Salida

O Tren Turístico terá a súa saída dende a rúa Xeneral Rubín, un lugar de fácil ubicación tanto para as veciñas e veciños com para as persoas visitantes, para dende aí pasar pola rúa Mendiño ata ao porto de Cesantes para, deseguido e pola rúa Catapeixe, dirixirse á praia de Cesantes onde fará unha pequena parada para volver ao seu punto de destino. As persoas usuarias poderán gozar das actividades do Kite Fest, todo un espectáculo deportivo. O Tren Turístico estará funcionara mañá e tarde en horarios que estarán expostos no punto de saída.

O punto de saída poderá cambiarse cando a Policía Local o considere oportuno con motivo de eventos especiais como poden ser días de mercado, festas ou eventos que orixinen calquera tipo de incompatibilidade co punto habitual de parada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.