Comarcas Vigo al minuto

Os alcaldes denuncian a falta de persoal médico en todo o Val Miñor

Alertan do caos ante a chegada de milleiros de turistas

Os alcaldes denuncian a falta de persoal médico en todo o Val Miñor

Os alcaldes de Baiona, Nigrán e Gondomar, reuníronse este martes con persoal médico e de enfermaría do Centro de Saúde do Val Miñor para apoiar aos profesionais na súa demanda de máis sanitarios durante a tempada estival.

Segundo constataron, a atención na comarca resulta xa deficitaria ante o rexeitamento da Xunta a establecer o tradicional ‘Reforzo de Costa’ formado por médico, enfermera, PSX e, adicionalmente, reforzo do P.A.C.

Concellos turísticos

Precisamente por esta negativa histórica da Xunta pese a ser municipios eminentemente turísticos, o persoal médico e de enfermaría dos tres concellos enviaron o 21 de Xuño un escrito á Xunta asinado por 49 profesionais da área reclamando o habitual reforzo de costa da tempada estival xa que, por vez primeira, a Consellería de Sanidade non o contempla.

A isto súmase a non reposición da terceira ambulancia da que sempre dispuxo o Val Miñor, manténdose igualmente en dúas pese ao exponencial incremento da poboación.

Caos

«A correcta atención sanitaria da nosa poboación e dos visitantes que reibimos é un dereito avalado constitucionalmente e que está en serio risco. O propio persoal sanitario da comarca está alertando do caos que se aveciña de non rectificar a Xunta. Estamos a falar dun problema para a atención das Urxencias en xeral pero tamén para atender á xente desprazada de fora», advirte Juan González, presidente de Mancomunidade do Val Miñor e alcalde de Nigrán, quen xunto a Francisco Ferreira, rexedor de Gondomar, e Carlos Gómez, rexedor de Baiona, reclama unha solución inmediata tendo en conta a gran afluencia que se agarda na comarca xa desde este primeiro fin de semana de Xullo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.