Comarcas Vigo al minuto

A Deputación destina 2,1 millóns a nove municipios, dentro do Plan Concellos

Chegarán a Meaño, Campo Lameiro, Ponte Caldelas, O Porriño, Salceda, Gondomar, Salvaterra, Tui e A Guarda

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dez novas achegas do Plan Concellos por valor de 2.127.125 euros. Con estes fondos Meaño, Campo Lameiro, Ponte Caldelas, O Porriño (para o que se deu luz verde a dúas subvencións), Salceda, Gondomar, Salvaterra de Miño, Tui e A Guarda realizarán obras de distinta índole.

Neste senso, a presidenta provincial, Carmela Silva, subliñou que “a gran maioría delas teñen que ver con melloras na pavimentación de viarios e importantes actuacións de saneamento nestes concellos”.

O Salnés

Deste xeito, á comarca do Salnés chegarán máis de 178.000 euros cos que Meaño mellorará o segundo tramo do viario municipal que une os lugares de A Pedreira e Picón, na parroquia de Xil, ampliando a plataforma existente e pavimentando completamente o camiño ata o entronque coa EP-9302.

Comarca de Pontevedra

Tamén foron aprobadas dúas achegas para a comarca de Pontevedra que supoñen preto de 645.000 euros para que Ponte Caldelas execute obras de mellora na pavimentación e sistema de drenaxe en 39 camiños interiores repartidos por todo o municipio, dende A Reigosa ata Laxoso.

Outros 123.515 euros chegarán a Campo Lameiro para a mellora dos camiños Caneda, Castriño, Chacente de Abaixo, Chacente de Arriba, Fajid, Gargallóns, Praderrei e Redonde, implantando cunetas de formigón para redirixir e controlar as auga de chuvia, xunto coa renovación do firme.

Comarca de Vigo

Tamén foron aprobadas achegas para a comarca de Vigo. Máis polo miúdo, para O Porriño concedéronse case 338.000 euros para a reforma da capa de rodadura en dúas estradas: en  Centeáns-Corzón no tramo do Centro Cultural, na parroquia de Pontellas (136.430 euros), e no entorno rural de Cabadiña-Madorras-Louriña, que pertence ás parroquias de Mosende e Pontellas (101.340 euros).

E tamén se deu luz verde a 182.855 euros para que Gondomar leve a cabo a drenaxe e pavimentaicón de viarios na Fraga.

Condado Paradanta

Os recursos provinciais tamén chegarán á comarca do Condado e da Paradanta a través dunha achega para Salvaterra por valor de 168.580 euros para a mellora de accesos nas parroquias de Meder, Fiolledo, Leirado e Arantei mediante a pavimentación de oito camiños municipais nas mesmas.

Baixo Miño

Ademais, foron aprobadas achegas para a comarca do Baixo Miño: 306.480 euros para que Tui realice saneamento e pavimentación nos barrios de Sambade e A Cruz, na parroquia de Malvas, e outros 150.000 euros para que A Guarda acondicione os antigos patios do colexio Sinde e os dote das características precisas para o seu uso como espazo público.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.