Comarcas Vigo al minuto

A Deputación aproba novas achegas do Plan Concellos para A Guada, O Rosal, Tui, Soutomaior e Ponteareas

Por un total de 1,1 millóns de euros

O Goberno da Deputación dará luz verde este venres a un novo investimento de 1,1 millóns de euros en achegas do Plan Concellos que beneficiarán a cinco municipios da provincia, A Guarda, Ponteareas, O Rosal, Soutomaior e Tui.

Nestes casos os investimentos están destinados a melloras nos equipamentos públicos e as infraestruturas viarias
para garantir a seguridade e a mobilidade, cunha aposta moi clara, como destacou a presidenta Carmela Silva, “por seguir o modelo sostible e seguro da Deputación, que favorece a toda a cidadanía, pero particularmente ás crianzas, maiores e ás persoas con dificultades de mobilidade”.

Tui

O concello do Baixo Miño recibirá 322.828 € para a reforma e acondicionamento das piscinas municipais, con obras de mellora construtiva e de equipamento. Os traballos abranguen a mellora de todas as instalacións, desde a urbanización exterior, ata as instalacións de depuración.

Soutomaior

Soutomaior recibirá unha achega de 286.208 € para a humanización dun tramo do Camiño de Santiago ao seu paso por Arcade, entre a Rúa Lameiriñas a a Praza de Cimadevila.

A este respecto, Carmela Silva, subliñou que os recursos da Deputación, tanto a través do Plan Concellos como da área de Infraestruturas, están a conseguir un Camiño seguro, “favorecendo que todas as persoas que o fagan, tanto ás da provincia como de fóra, poidan desfrutar dunha mobilidade segura. De acordo ao proxecto, crearase na zona de actuación un espazo de preferencia peonil, amais de procurar a mellora da seguridade viaria, da mobilidade, sostibilidade e habitabilidade.

A Guarda

O Concello da Guarda recibirá 248.069€ para a creación dun Camiño Escolar Seguro para o CEIP Manuel Rodríguez Sinde.

O camiño abranguerá 730 metros, a través das rúas Brasilino Álvarez Sobrino; Enrique María Sesto; a Estrada de
Circunvalación; Tui e Ourense, e incluirá melloras nos pasos peonís, a urbanización na Rúa Tui que dá acceso directo ao centro escolar e disporase a sinalización vertical e horizontal. Así mesmo, reducirase o límite de velocidade a 30km/h en todo o percorrido.

O Rosal

O Rosal recibirá 159.174€, cos que poderá costear a súa aportación (20%) ao convenio para a segunda fase da mellora da mobilidade peonil na EP3303 Tabagón-Goián, unha actuación que unha vez completadas as súas tres fases deixará unidos a través dunha senda aos concellos do Rosal e Tomiño.

A primeira fase da obra está a piques de rematar e, nesta segunda que se aborda a partir de agora, a Deputación asumirá polo tanto, o coste total da obra, 795.872€.

É un tramo de 1,8 km que contará cunha zona de convivencia sobreelevada, prioridade peonil e sendas peonís de formigón e ancho mínimo de 2,5 m. Renovarase así mesmo a capa de rodaxe en todo o traxecto, executarase a nova rede soterrada de pluviais, cunetas transitables e prevese a execución da rede soterrada de alumeado.

Ponteareas

Por último, Ponteareas terá unha achega de 118.141€ para a mellora de dous tramos de viarios municipais que transcorren polo parque forestal da Picaraña.

Os traballos inclúen a limpeza das marxes e apertura de beiravías nos 2,3 quilómetros que suman estes viarios, así como a pavimentación dos 10.527 metros cadrados de superficie que representan.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.