Destacados Vigo al minuto

Galicia ten baixas as reservas dos grupos sanguíneos 0- e 0+

Haberá unha unidade móbil de doazón de sangue o luns en Vigo

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+) e Cero negativo (0-) están baixas en Galicia. Así o indica a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), nun comunicado, e pide a cidadanía que acuda a doar sangue.

ADOS subliña que os hospitais galegos necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para seguir facendo o seu traballo e informan de que as unidades móbiles de doazón estarán en distintos lugares.

En concreto, o luns día 6 na zona de Coia e na Praza do Cristo da Vitoria, en Vigo; ademáis de en Ponte Caldelas -na Revolta, diante do Hotel Los Naranjos, e Noalla, campo da festa- e Salceda de Caselas -na Praza do Concello-.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.