Galicia Vigo al minuto

Publicadas as listaxes das nenas e nenos admitidos nas escolas infantis da Xunta

Podes consultalas aquí

Este martes publícanse as listaxes definitivas das nenas e nenos admitidos nas 174 escolas infantís autonómicas, que podes consultar premendo aquí.

Este ano foron admitidos un total de 8.000 cativas e cativos. Os seus pais teñen do 1 ao 10 de xuño para formalizar a matrícula.

Aforro de entre 1.500 e 2.000€ por neno

Precisamente, hoxe o presidente da Xunta, destacou, na súa visita a Escola Infantil de Campolongo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, que a gratuidade da Educación Infantil contribuirá á economía dos fogares, cun «aforro medio anual de entre 1.500 e 2.000 euros de media por neno».

Primeira Comunidade

Alfonso Rueda subliñou que Galicia será a primeira comunidade do Estado na que a educación infantil será 100%
gratuíta, xa sexa en centros públicos, en privados ou de iniciativa social.

O presidente precisou que esta iniciativa suporá un orzamento anual de 50 millóns de euros e beneficiará a máis de 30.000 pequenos. A ela súmanse outras accións, como as casas niño para dar servizo aos pequenos concellos -actualmente están en servizo 89 -; o Bono Coidado ou a Tarxeta Benvida.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.