Galicia Vigo al minuto

Os produtos do mar, claves para que os galegos sigamos no liderado mundial da lonxevidade

Termos unha excelente alimentaciónq ue ten como eixo o peixe

Os produtos do mar, claves para que os galegos sigamos no liderado mundial da lonxevidade

A conselleira do Mar defendeu este xoves en Vigo as vantaxes sanitarias e sociais que aporta incluír produtos do mar na dieta. “A poboación galega forma parte da elite mundial da lonxevidade e iso debémosllo á nosa magnífica
xenética, pero tamén á nosa excelente alimentación, cuxo eixo son os produtos do mar
, sinalou Rosa Quintana durante o congreso ‘Pescado, fonte de alimentación saudable’, organizado por Interfish-España.

Os galegos, os segundo máis lonxevos do Estado

Quintana ixo referencia a que Galicia ostenta o segundo posto como a poboación máis lonxeva de España e relacionou este feito con que o peixe sexa un dos alimentos fundamentais desde a infancia entre as galegas e os galegos.

Neste sentido, a responsable autonómica sinalou a importancia de concienciar e promover hábitos de vida saudables, a través de programas educativos e campañas de divulgación coas que fomentar a cultura alimenticia de Galicia entre os máis pequenos e a xente nova, a xeración millennial.

Eleccións alimentarias saudables

Rosa Quintana incidiu tamén na necesidade de formar á cidadanía no coñecemento, valores e actitude necesarias para poder realizar as eleccións alimentarias saudables como consumidores responsables.

Unhas accións, explicou, que tamén contribúen a recoñecer o labor dun sector que resulta fundamental para Galicia como é o marítimo- pesqueiro e que foi declarado como esencial durante a alerta sanitaria pola Covid-19.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.