Comarcas Vigo al minuto

Comeza a tempada da rapa das bestas en Oia

Este vindeiro domingo, día 8 de maio

Comeza a tempada da rapa das bestas en Oia

A tempada de rapas das bestas comeza esta fin de semana en Oia co tradicional curro da Valga, que se celebra este domingo 8 de maio.

A actividade comezará desde primeira hora da mañá e prolongarase ao longo da xornada, sendo o momento central da celebración (tarefas de rapa e marcado) arredor das 17.00 horas.

Dende as 9 da mañá

A partir das 9.00 horas os gandeiros comezarán a xuntar as bestas e estímase que a chegada dos cabalos ao recinto da Valga (parroquia de Loureza) se producirá arredor as 13.00 horas. Xa pola tarde, sobre as 17.00 horas, terán lugar as actividades de rapa, desparasitado e marcaxe dos animais, que posteriormente volverán quedar libres no monte.

300 cabalos

O curro da Valga transcorrerá no seu habitual ambiente festivo, de forma que as persoas que se acheguen ata o lugar poderán gozar dunha xornada que combina actividade, celebración e tradición popular arredor do cabalo da Groba.

Despois do da Valga, que abre a tempada, en Oia desenvolveranse os curros de Torroña (5 de xuño) e Mougás (12 de xuño).

Avisos sobre medio ambiente e acampadas

En relación á próxima celebración dos curros, lémbrase a prohibición de realizar acampadas. As autoridades realizarán accións de vixilancia en días previos a fin de evitar este tipo de actividades non permitidas.

Cristina Correa, alcaldesa de Oia, pide a colaboración das persoas asistentes á hora de respectar o medio ambiente, evitar danar o arborado e zonas especialmente sensibles, así como de manter a contorna libre de lixo. Na zona haberá contedores para depositar os refugallos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.