Comarcas Vigo al minuto

O Porriño abre a inscrición para o ‘Campamento de Semana Santa’

Para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos cumpridos

O Concello do Porriño vén de abrir o prazo de inscrición do Campamento de Semana Santa 2022, dirixido ás nenas e nenos do municipio de entre 3 e 12 anos cumpridos. O mesmo desenvolverase en instalacións municipais os días 11, 12, 13 e 18 de abril en horario de mañá (9h-14h)

Potenciar valores coma a igualdade e solidariedade

«Con esta iniciativa preténdese potenciar a seguridade e autoestima dos máis pequenos da casa, fortalecer as súas habilidades, eliminar os seus medos e potenciar neles valores de cooperación, igualdade, solidariedade e respecto», explicou a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González.

Conciliación

Pola súa banda, o alcalde, Alejandro Lorenzo, explicou que se trata dun «espazo de convivencia, de aprendizaxe e de ocio para os nenos e nenas e, á vez, unha opción para a conciliación, xa que nestas datas para moitas familias xorde a necesidade de atopar un lugar seguro no que as súas fillas e fillos poidan disfrutar das vacacións mentres eles traballan».

40 prazas

O prazo de inscripción abriuse este luns, 4 de abril ata cubrir as 40 prazas dispoñibles. As persoas interesadas deben dirixirse ao Rexistro do Concello onde se lles facilitará a folla de inscrición e toda a información complementaria.

No caso de existir máis demandas que prazas, estas cubriranse seguindo o baremo de puntuación establecido.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.