Galicia Vigo al minuto

Convocada folga no 061 da Área de Vigo

Catro días: 29 e 30 de marzo e do 1 ao 4 de abril

Tres personas heridas en un choque frontal en Vigo

A asemblea de traballadores de Ambulancias do Atlántico na área sanitaria de Vigo acordaron convocar folga no servizo programado e no 061 como resposta á negativa da empresa a readmitir a catro compañeiros «despedidos sen xustificación».

29 e 30 de marzo e do 1 ao 4 de abril

Deste xeito, o servizo de transporte sanitario urxente e programado da área sanitaria viguesa, que xestiona a
empresa Ambulancias do Atlántico, verase afectado pola convocatoria de catro xornadas de paro os vindeiros
días 29 e 30 de marzo e 1 e 4 de abril.

Protesta

A decisión do cadro de persoal da concesionaria deste servizo público adoptouse tras unha nova protesta
diante das instalacións da empresa en Mos o pasado venres, que foi apoiada por traballadores/as de
ambulancias doutras áreas sanitarias como Pontevedra ou Santiago.

Presión sindical

A presión sindical -con numerosas mobilizacións e o anuncio de folga indefinida a partir do 28 de marzo, que
presumiblemente será suspendida- fixo que Ambulancias do Atlántico abandonase o servizo do 061 na área
sanitaria de Santiago e logrou que a actual UTE que xestiona o servizo asumise a reincorporación do traballador
que fora despedido inxustamente nesta zona.

Catro despedidos

No caso de Vigo a empresa négase a readmitir a catro empregados aos que tamén se lles rescindiu o contrato
sen xustificación
a pesar de que a compañía non conta con persoal suficiente para cubrir baixas e descansos,
por iso o seus compañeiros optaron por convocar catro xornadas de folga para esixir a súa inmediata
reincorporación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.