Vigo al minuto

Iniciadas as ‘probas de circulación’ da nova Estación de Autobuses de Vigo

Non poderá funcionar ata que o Concello remate a saía cara á Autopista

Avanza a posta en servizo da estación de autobuses intermodal de Vigo co inicio das probas de circulación realizadas este martes, pola concesionaria do servizo, a empresa Monbus.

Tamén supervisouse o posicionamento da rede semafórica municipal e o espazo reservado aos portalóns nos accesos á terminal. O obxectivo fundamental desta proba é o de verificar a correcta operatividade funcional destes elementos e, de ser necesario, propoñer cambios antes da posta en servizo da estación atendendo a criterios estritamente técnicos.

Non funcionará ata que o Concello habilite o acceso da autopista

En canto á evolución das obras, a delegada da Xunta sinalou que «seguen a avanzar a bo ritmo» polo que a estación estará practicamente rematada a finais do mes de marzo. En todo caso, incidiu en que non poderá entrar en servizo ata que o Concello acabe habilite o acceso á AP-9.

A parte autonómica xa rematada

Segundo detallou, a estación conta con dous accesos, o da praza da Estación cofinanciado pola Xunta e que que xa está rematado, polo que poderá estar operativo cando se remate a terminal; e un segundo acceso, desde a AP-9.

Neste último caso, indicou, a parte autonómica xa está terminada, pero a obra que está a executar o goberno local, de entronque coa autoestrada, «é fundamental para o inicio do servizo»

Non pode operar sien acceso aos túneles

A delegada desmentiu así que a estación poida operar sen este acceso estes dous túneles, tal e como afirmou Abel Caballero, pois representa o 65% do tráfico da estación. Así mesmo, explicou que a maquinaria das obras do Concello crúzase co que sería a saída da estación cara á AP-9, e «desde o Concello non se ofreceu solución a esta cuestión polo que non é viable poñela en servizo ata que o municipio remate os accesos».

2 millóns de usuarios

A estación de autobuses intermodal de Vigo, que permitirá albergar dous millóns de usuarios ao ano e 500 expedicións de autobuses,será o principal nó de viaxeiros do sur de Galicia, tras un investimento de 18 millóns de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.