Vigo al minuto

O Servizo de Radioloxía da Sanidade Pública de Vigo entre os cinco mellores de Europa

É o único de España elilxido para formación

O servizo de Radioloxía do Álvaro Cunqueiro entrou no ranking dos 5 mellores hospitais europeos, seleccionados pola Sociedade Europea de Radioloxía (ESR) para o intercambio de becas de formación académica en toda Europa (European School of Radiology). 

O único de todo o Estado  
De feito, é o único centro de España elixido para impartir esta formación superespecializada, xunto a 1 hospital de de Francia,  2 de Gran Bretaña e 1 de Suiza. Así, nas próximas datas se seleccionaran en función do Curriculum Vitae a aquel/es radiólogos para que veñan a formarse a Vigo. 

Novas técnicas 

Segundo explica a xefa de sección da área de Radioloxía Abdominal e Xenitourinaria, a doutora Milagros Otero “é un orgullo ser seleccionado como centro formador, xa que na elección valoráronse diferente criterios, como a importante dotación de equipamento radiolóxico dispoñible; a gran capacitación dos nosos profesionais, cunha acreditada experiencia no desenvolvemento das novas técnicas; así como o elevado volume de actividade realizada”. 

Radioloxía de vangarda

Ao longo dos últimos anos, o servizo de Radioloxía do Álvaro Cunqueiro ten feito un traballo recoñecido en moitos ámbitos. Está presente nos congresos nacionais e internacionais da especialidade. O feito de dispoñer de todas as técnicas avanzadas de diagnóstico -nas cales se inclúen as últimas ferramentas de Intelixencia Artificial– e a posta en marcha da Unidade de Investigación en Radioloxía, o converte nun servizo referente ao que enviar a formarse os radiólogos e radiólogas do futuro.

Nos máis altos estándares europeos

Neste senso, o xefe do servizo de Radiodiagnóstico, o doutor Xan Vieito afirma que “unha vez máis ponse de manifesto que a radioloxía do CHUVI sitúase nos máis altos estándares da radioloxía europea, e isto é posible polo gran traballo en equipo realizado polos radiólogas e radiólogos, xunto co persoal técnico e de enfermería deste servizo”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.