Galicia Vigo al minuto

Redondela abrirá as remodeladas instalacións de Servizos Sociais de Chapela

Están deseñadas, específicamente, para a súa función

O Concello de Redondela vén de rematar as obras de remodelación das dependencias de Servizos Sociais en Chapela.

Os traballos realizados, que contaron cun investimento de 175.329,00 euros (IVE incluído) con cargo aos fondos EDUSI Redondela 2020, tiñan como obxectivo facer unhas dependencias accesibles e funcionais.

Mellora enerxética

Asíe mesmo, incluíron tamén a adaptación e mellora enerxética das instalacións, de cara a reducir o custe do consumo eléctrico e o nivel de emisións de CO2.

Deseñadas específicamente para a súa función

A alcaldesa de, Digna Rivas salientou a importancia dos traballos realizados «que permitirán que tanto persoas usuarias como persoal municipal, poidan contar cunhas instalacións axeitadas, modernas, funcionais e deseñadas específicamente para este cometido función».

Ata a súa apertura as oficinas provisionais están no Piñeiral do Crego

Mentres as novas instalacións non entren en funcionamento, as persoas usuarias seguirán sendo atendidas nas oficinas provisorias que o Concello habilitou no Multiúsos do Piñeiral do Crego. Alí, para garantir a privacidade das persoas usuarias, habilitouse unha entrada independente e directa aos Servizos Sociais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.