Comarcas Vigo al minuto

Nigrán propón a Residencia de Tempo Libre de Patos para acoller a refuxiados ucraínos

Conta con 150 prazas, habitacións individuais, comedor e cociña industrial

O Concello de Nigrán ofrecerá a Residencia de Tempo Libre de Patos aos refuxiados ucraínos, respondendo así á petición da Federación Galega de Municipios e Provincias, que pediu ás localidades que cedan espazos para a acollida de familias deste país.

Un «fogar idóneo»

No caso de Nigrán, o goberno local considera a residencia de Patos como «un fogar idóneo», xa que é unha instalación que só ten actividade de xuño a setembro, dispón de camas, cuartos individuais, cociña industrial e comedor. Este mesmo lugar foi proposto polo Concello na guerra de Siria e Afganistán sen que finalmente a Xunta se decidise a darlle ese uso.

150 prazas

«Cumpre con todos os requerimentos que necesitaría un fogar de acollida», indica o alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Juan González incide en que é unha residencia fronte ao mar, totalmente accesible, con 150 prazas e cuartos individuales de 2 e 3 camas.

Infrautilizado pola Xunta

«Trátase dun lugar que, precisamente, está infrautilizado pola Xunta, quen o xestiona. Está pechado a maior parte do ano; tanto traballadores como Concello cremos que non ten sentido esa situación».

O alcalde está seguro de que «sería unha ocasión marabillosa para darlle unha utilidade verdadeiramente social e solitaria. Estariamos moi orgullosos de que Nigrán puidese colaborar desta maneira nesta crise humanitaria«.

«Desde Nigrán temos sorte de poder colaborar nesta crise con este espazo que xa está dotado e que non ten actividade algunha», conclúe o alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.