Galicia Sucesos

O Concello de Redondela preto de identificar aos autores do acto de vandalismo no Parque Infantil de Chapela

Afectaron a acase todos os elementos do mesmo

«O vandalismo do que foi obxecto o parque infantil de Chapela va máis aló dunha simple gamberrada e é un ataque ao patrimonio de toda a veciñanza», asegurou Digna Rivas ao ser informada dos danos que sufriu a antedita área infantil e que afectaron á case que todos os aparellos desta instalación.

Os responsables «case identificados»

A alcaldesa de Redondela asegurou que «accións como estas non poden quedar impunes» e adiantou que a Policía Local desenvolve investigacións para dar co autor ou autores dos feitos «aos que ten case que identificados».

«Os espazos públicos son un patrimonio de toda a cidadanía que, cos seus impostos, posibilita que o Concello dote aos núcleos urbanos e ás parroquias destes lugares de esparexemento para os seus fillos e fillas», di a rexedora redondelá quen engade que «romper, pintar ou ocasionar danos nestes espazos supón, por tanto, un ataque directo contra o peto da cidadanía que este Goberno non vai consentir». O Goberno local aposta pola renovación e mantemento dos parques infantís «como zonas seguras para os xogos e desfrute dos e das máis cativas.

Colaboración cidadá

O Concello considera «imprescindible» a colaboración cidadá para «poñer en coñecemento do Concello ou da Policía Local este tipo de actuacións a fin de que os seus autores teñan que render contas polas súas accións».

Considera a alcaldesa Digna Rivas que as áreas infantís «van máis aló de ser un simple lugar de esparexemento, xa que ademais propicia que as nenas e os nenos poidan interrelacionarse a través do xogo e desenvolver as súas habilidades sociais».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.