Destacados Vigo al minuto

A Deputación aproba destinar preto de 500.000€ para empregar a 161 persoas

Corresponden á liña 3 do Plan Concellos

A Deputación destina máis de 500.000€ a Mos, Moaña, Baiona e A Cañiza

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas do Plan Concellos 2022-2023 das que se verán beneficiados outros 10 municipios da provincia que con estas partidas poderán financiar a contratación
de 161 persoas.

Case 500.000 euros

As subvencións, que suman un total de case millón e medio de euros, corresponden á liña 3 do plan provincial que chegarán aos concellos de Vila de Cruces, A Cañiza, Covelo, A Estrada, O Grove, Meis, Oia, Moraña, Ponteareas, Soutomaior e Vilanova de Arousa para contratar persoas con perfís como albaneis, guías de turismo, peóns de medio ambiente ou animadores/as socio-culturais.

Comarca do Deza e do Salnés

Os fondos provinciais chegarán á comarca do Deza, cunha achega para A Estrada de 209.870 € para contratar a 20 persoas, e á do Salnés, onde O Grove contará con 177.800 € para contratar a 19 persoas; Meis con 106.100 € para facer o mesmo con outras 11 e Vilanova de Arousa con 164.750 € para contratar a 17 persoas.

Comarca de Pontevedra e do Baixo Miño

Tamén foron aprobadas achegas para a comarca de Pontevedra con 108.000 € para contratar a dez persoas en Moraña e á do Baixo Miño con outros 102.400 € para que Oia contrate a once persoas.

Comarca de Vigo e do Condado-Paradanta

Na comarca de Vigo será o concello de Soutomaior o que reciba 128.200 € para contratar a 18 persoas. Por último, para a comarca do Condado-Paradanta foron aprobadas achegas para A Cañiza, 124.900 € para contratar a 12 persoas; Covelo, 103.250 € para 14 persoas, e Ponteareas, 256.700 € para contratar a 29 persoas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.