Ciencia y Tecnología Destacados

A Sanidade Pública de Vigo, na vangarda no tratamento de enfermidades do esófago

Sitíuase na primeira liña de avances científicos a nivel estatal

O servizo do Aparello Dixestivo da Área Sanitaria de Vigo ven de incorporar á súa carteira de servizos unha novidosa técnica para o tratamento dos trastornos motores esofáxicos, a Miotomía endoscópica por vía oral, denominada POEM.

Deste xeito, o Álvaro Cunqueiro convértese así no único hospital de Galicia no emprego deste procedemento minimamente invasivo indicado en pacientes con Achalasia.

Achalasia

A Achalasia é un trastorno esofáxico que dificulta o paso dos alimentos e líquidos  desde o esófago -que conecta a boca co abdome- cara ao estómago. Se produce cando, por diferentes motivos, se danan os nervios do esófago, xerando unha inadecuada actividade motora da súa musculatura e motivando esa gran dificultade para inxerir os alimentos. Isto causa regurxitación e perda de peso e, en consecuencia, un importante deterioro da calidade de vida de o paciente.

Miotomía

O tratamento deste trastorno baséase na diminución da resistencia do paso dos alimentos polo esófago, a través dunha Miotomía; isto é, o corte do músculo do extremo inferior do esfínter esofáxico para permitir que os alimentos pasen mais facilmente ao estómago. A Miotomía xa víñase realizando con cirurxía convencional.

Alternativa á ciruxía

Segundo explica o doutor Antonio Rodriguez “a nova técnica permítenos unha alternativa á cirurxía convencional, e seccionar o músculo esofáxico de xeito non invasivo, cunha abordaxe transoral, sen feridas externas. Xa levamos utilizado esta técnica en 9 pacientes e cuns excelentes resultados. Ten demostrado unha eficacia clínica superior ao 90% dos  casos, cunha redución da estancia hospitalaria e unha máis rápida recuperación do paciente.”

Consolidación de novas técnicas endoscópicas

O servizo de Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo consolida a  incorporación de novas técnicas endoscópicas para o tratamento de trastornos motores esofáxicos, que complementan outras abordaxes xa establecidas no centro, como a cirúrxica e  a dilatación endoscópica.

Hai un ano, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) autorizou a realización da Miotomía endoscópica por vía oral no Álvaro Cunqueiro. Para isto, foi necesario un período de formación dos profesionais, coa asesoría de especialistas referentes na técnica a nivel nacional.

Ademais, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) conta cun laboratorio experimental en endoscopia (LIFE), que é unha sala específica de formación nestes tipo de técnicas, que posibilita a realización de prácticas con simuladores dixitais e con modelos ex-vivo.

Formación de médicos e persoal de enfermera

O traballo do equipo dirixido polos doutores Antonio Rodríguez D´Jesús e Luisa de Castro, asociado á dispoñibilidade deste laboratorio, facilita que tanto os facultativos como o persoal de enfermaría de Dixestivo, poidan formarse nestes novos procedementos.

O Cunqueiro na primeira liña de avances técnicos a nivel estatal

Para o xefe do Servizo, doutor Rodriguez Prada, o hospital Álvaro Cunqueiro sitúase na primeira liña dos avances científicos e tecnolóxicos a nivel estatal, e anuncia a intención de tramitar a solicitude para “converterse en referencia desta técnica en toda Galicia, para ofrecer unha alternativa segura e eficaz aos pacientes da nosa comunidade”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.