Galicia Vigo al minuto

Aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta para a compra de vivenda protexida

A cuantía pode chegar ata os 20.000 euros

El índice de actualización de los alquileres subió un 2,1% en junio

A Xunta ofrece axudas de ata 20.000 euros para adquirir unha vivenda protexida. Así o salientou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, esta mañá.

2 millóns de euros

En toda Galicia, outorgáronse un total de 40 subvencións por 450.000€ esgotándose o crédito previsto, «esta foi a principal razón que motivou á Xunta a facer unha nova convocatoria e a incrementar o orzamento ata os 2 millóns de euros, o que significa multiplicar por cinco o previsto na anterior anualidade”, subliñou a conselleira.

Aberto o prazo ata o 30 de setembro

Vázquez Mejuto lembrou que o prazo de solicitudes xa está aberto –desde o pasado sábado, día 22 de xaneiro e ata o 30 de setembro– e os beneficiarios poderán acceder a unha axuda equivalente ao 20% do custo do inmoble, cun límite de 20.000€ no caso de solicitantes menores de 35 anos e que compraran a súa vivenda nunha cidade.

Para o resto, o importe máximo dependerá da idade e da área xeográfica na que estea localizada. Así mesmo, destacou que todas aquelas persoas que en 2021 presentaran unha solicitude, e quedaran fóra por esgotamento de crédito, teñen dereito a presentala novamente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.