Galicia Vigo al minuto

O alcalde do Porriño pon en marcha un plan de mellora de beirarrúas

Tamén actuará na renovación do firme

O alcalde do Porriño pon en marcha un plan de mellora de beirarrúas

O Concello do Porriño executará un ambicioso plan de obras para mellorar a accesibilidade das rúas do centro urbano. Alejandro Lorenzo, acompañado do edil de Vías e Obras, Ramón Porto, e a arquitecta municipal, visitaron a zona onde se proxectan as primeiras intervencións : serán seis rúas- Pinar, José Fernández López, Enrique Peinador, Doutor Paz Varela e Tranvía– e as obras consistirán na renovación das beirarrúas.

Tamén se acometerán melloras nas das rúas  Codesal e  Cruceiro,  onde se eliminarán os afundimentos existentes, e repararanse os bordos e baldosas rotos ou desprazados.

Ampliación e renovación do firme

Planéase tamén ampliar beirarrúas en varios tramos para mellorar o tránsito de peóns, conservando as árbores existentes e plantando algúns exemplares novos, e intervir en puntos nos que se detectaron barreiras arquitectónicas que limitan a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida.

A planificación do  concello inclúe tamén a renovación do firme de varios destes viais para adecuar, potenciar e acondicionar o que é un dos principais itinerarios peonís da vila.

Mellorar o tránsito dos peóns

«Falamos dunha obra moi necesaria para o tránsito de peóns que ao mesmo tempo recuperará a estética dunha das zonas máis concorridas do Porriño», explicou o alcalde,

«Estas rúas dan acceso ao Centro de Saúde, ao instituto, aos colexios e a moitos servizos que cada día usan os porriñeses, ademais que contar coa maior densidade de poboación do centro urbano. É unha das principais arterias do municipio e debe ser accesible, habitable e  disfrutable».

Lorenzo explicou que se trata só do primeiro dos proxectos de obra encargados dentro do plan de mellora da accesibilidade do centro urbano. «Somos conscientes de que non é o único punto do centro que presenta carencias neste sentido», afirmou, «As necesidades que presenta Porriño son moitas e é necesario planificar as actuacións.  Desa maneira poderemos dar resposta a todas elas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.