Galicia Vigo al minuto

O Rosal dá un paso máis cara á sostibilidade apostando polas enerxías renovables

O Concello substituírá as caldeiras do Concello e da Escola de Pancenteo por dúas de biomasa

O Rosal dá un paso máis cara á sostibilidade apostando polas enerxías renovables

O Rosal continúa dando pasos para converterse nun municipio o máis sostible posible. Nese camiño, no que se aposta polas enerxías limpas e renovables, o Concello aprobou este xoves, nun Pleno extraordinario unha modificación orzamentaria para abordar a substitución das actuais caldeiras da Casa do Concello e da Escola de Pancenteo por unhas de biomasa.

Fondos do Insttituto Enerxético de Galicia

A renovación suporá un investimento de máis de 140.000 euros. O Concello conseguiu captar fondos europeos a través do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para financiar case o 75% do proxecto, máis de 102.000€.

As caldeiras, ao final da súa vida útil

Así, tras facer un estudo da situación na que se atopaban todas as caldeiras municipais, o persoal técnico estableceu que estas dúas estaban ao final da súa vida útil. «Tras analizar as diferentes alternativas posibles, tendo en conta o noso compromiso coa sostibilidade e que ambos os dous edificios están catalogados por Patrimonio, a mellor opción e a máis viable era mudar estas dúas caldeiras por dúas de biomasa», explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Fondo de Cooperación e Solidariedade

Por outra banda, o Goberno municipal aprobou no pleno a adhesión do Concello do Rosal ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, unha asociación sen ánimo de lucro composta por 100 municipios de Galicia e as deputacións de Pontevedra, A Coruña que queren contribuír á erradicación da pobreza e das desigualdades a nivel global.

Tras este acordo, o Concello colaborará de forma activa coas actividades e proxectos desenvolvidos dende o Fondo Galego, achegando así o seu gran de area na mellora xeral da sociedade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.