Destacados Vigo al minuto

O Goberno fai obras na AP-9 pero non mellora os pasos elevados de Teis

Os veciños lamentan a falta de peso do alcalde que non conseguiu nin iso

A Asociación Veciñal de Teis cualifica de «vergoña e escándalo» que o Ministerio de  Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, realice dende hoxe obras na autoestrada AP9 para construír uns «apartaderos de emerxencia», no tramo  dos pasos  elevados da Xorxa e da Trapa, e non mellore os mesmos.

Os seus responsábeis subliñan que dende hai anos que denuncian que os pasos elevados da Xorxa e da Trapa carecen de mantemento que é necesario para «garantir a seguridade».

Sen resposta do Goberno

O pasado mes de decembro, a asociación veciñal dirixiuse por escrito  Raquel Sánchez Jiménez, Ministra de Transporte, para a reivindicar solucións as demandas sobre a autoestrada AP-9 , que afectan a Teis. Entre elas están a instalación de pantallas contra o ruido e a mellora dos pasos elevados, «é aínda non recibimos ningunha resposta».

Falta de apoio do Concello de Vigo

Os veciños tamén lamentan a falta de implicación do goberno municipal de Vigo e do seu alcalde, Abel Caballero, que en relación coa autoestrada AP9, a pesar de moitas xuntanzas con responsábeis deste Ministerio, «non foi quen de conseguir nin tan sequera que se melloren uns pasos elevados».   

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.