Comarcas

A Xunta destina 3 millóns de euros para retirar o lindano do Contrasto, en Porriño

O alcalde quere ir da man dos veciños máis afectados

A Xunta destina 3 millóns de euros para retirar o lindano do Contrasto, en Porriño

A Xunta investirá 3 milóns de euros nos traballos de retirada e descontaminación dos residuos de lindano no viario principal do Contrasto, en Torneiros, unha obra que comezará este ano

Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao alcalde Alejandro Lorenzo nunha reunión que mantiveron esta semana para abordar este e outros asuntos de interese para O Porriño.

Con cargo aos orzamentos deste 2022

A conselleira explicou ao rexedor que con cargo aos orzamentos da Xunta deste ano xa se está actualizando o proxecto para intervir na pista municipal do Contrasto polo que estima que, tan pronto como se complete este paso, poderá iniciarse a tramitación do contrato para executar as correspondentes obras.

«Sempre defendín que o problema do lindano hai que abordalo con decisión, non chega con discursos baleiros nin promesas», defendeu o rexedor, «Para iso é necesario un plan de acción, un esforzo investidor e un compromiso firme de respaldo e colaboración entre administracións, co que dende logo contamos».

Da man dos veciños

Lorenzo incidiu en que «neste proceso é esencial ir da man dos veciños e veciñas máis afectados» e valorar xunto a eles cada paso. «A descontaminación do municipio é unha responsabilidade que debemos asumir non só para coidar a saúde dos porriñeses e porriñesas de hoxe, senón para deixar un Porriño mellor para os de mañá», concluíu o alcalde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.