Comarcas

O novo alcalde do Porriño ordena a reparación urxente dos parques infantís

O mantemento será diario

Unha das primeiras medidas ordenadas por Alejandro Lorenzo, novo alacalde do Porriño é a reparación urxente de todos os parques infantís do concello. As actuacións comezaron esta mañá.

Lorenzo decidiu que «o mantemento dos parques infantís corre directamente á competencia da Concellería de Deportes, que conta con medios propios para acometer esta actuación de emerxencia que se estenderá a todos os do municipio que atópanse nun estado lamentable«.

O alcalde anunciou que se fará un «mantemento diario» e que «a principios de ano trataremos de destinar un orzamento para mellorar os parques infantís do Porriño cunhas instalacións acordes ao século que vivimos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.