Galicia Vigo al minuto

Ecoloxistas en Acción apoia as accións contra os proxectos eólicos na provincia

Están convocados este sábado en Pontevedra, A Lama, Gondomar, Marín e Bueu

Ecoloxistas en Acción Rías Baixas apoia as convocatorias en Pontevedra, A Lama, Gondomar, Marín e Bueu, que solicitan paralizar os proxectos de parques eólicos nos montes da nosa contorna, polo seu forte impacto ambiental, económico e social.

A política eólica ten que protexer os espazos de maior valor ecolóxico, primar o desenvolvemento rural e a xeración distribuída en mans da cidadanía, así como debe acompañarse dun forte decrecemento do consumo enerxético.

Limitar o quecemento global

Segundo Ecoloxistas en Acción, para contribuír a limitar o quecemento global a 1,5 ºC, Galicia debería reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) polo menos un 65 % en 2030. Para iso e necesario acelerar a transición enerxética. Dita transición non dependería so dun incremento da produción eléctrica renovábel, debe acompañarse tamén dun forte decrecemento do consumo enerxético e do peche canto antes das centrais eléctricas fósiles.

‘Ilusiorio ‘crecemento verde’

A aposta de Ecoloxistas en Acción Galiza pola enerxía eólica está enfrontada co «tipo de políticas públicas que a están a promover, enmarcadas na procura dun ilusorio ‘crecemento verde’. Este desborda os límites ambientais, esta deseñado á medida das grandes empresas privadas, en detrimento das comunidades rurais, e «con consecuencias moi negativas«.

‘Ecoloxistas’ defende «que nas zonas de alto valor ecolóxico, estean ou non na actual Rede Natura 2.000, se impida a instalación de novos parques eólicos e se repotencien os existentes». Isto «obrigaría a desmantelar progresivamente máis dun 30 % da potencia instalada até hoxe» e a ter en conta os intereses ata agora relegados da poboación rural.

Priorizar o autoconsumo

Nun documento de análise e propostas sobre a enerxía eólica, Ecoloxistas en Acción de Galiza tamén defende medidas como priorizar o autoconsumo. Para iso é preciso promocionar comunidades enerxéticas cidadás; crear empresas públicas; incrementar as rendas para os propietarios dos terreos que acollen parques eólicos e achegar a produción aos principais focos de consumo. Deste xeito. minimizaríanse as afeccións territoriais e maximizaríanse os beneficios sociais do aproveitamento do vento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.