Comarcas

Redondela súmase ao Mes da Ciencia en Galego coa actividade ‘Matemaxia’

Esta iniciativa está destinada a escolares de 5º e 6º de Primaria

O Concello de Redondela vén de sumarse, como ven sendo habitual ao Mes da Ciencia en Galego que, dende hai 11 anos, celébrase en Galicia. Trátase dunha iniciativa que coincide coa celebración do Día Internacional da Ciencia e que busca concienciar sobre o uso da ciencia para a paz e o desenvolvemento.

Así, dende o Servizo de Normalización Lingüística organizouse unha actividade sobre Matemaxia, unha forma lúdica de aprender e comprender as matemáticas tomando o galego como lingua. O Mago Paco é o encargado de amosar ao alumnado redondelán, por medio da maxia e da divulgación lúdica, os segredos que se agochan tras os números.

A iniciativa, dirixida aos escolares de 5º e 6º de Primaria, levarase a todos os colexios de Redondela a través de 14 sesións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.