Comarcas

O instituto A Sangriña de A Guarda retoma as clases logo da inundación do centro

As clases suspendéronse pola entrada de choiva nas instalacións

O instituto IES A Sangriña da Guarda retoma hoxe as clases tras solucionar os danos ocasionados pola entrada da
chuvia
nas súas instalacións o pasado venres.

Inundación pola choiva

Segundo informa a Xunta, un erro por parte da empresa que xestiona a obra de cambio de cuberta do centro fixo que non se tomaran as precaucións necesarias diante do temporal, o que redundou na inundación dalgunhas partes do centro.

Actuacións para evitar feitos semellantes

O xefe territorial da Consellería de Educación na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, reuniuse co equipo directivo do instituto para informalo das actuacións previstas. Neste sentido, desde o departamento educativo do Goberno galego preparouse coa empresa responsable das obras un programa de actuacións para evitar que se repitan situacións deste tipo, máis tendo en conta que a acta de replanteo do cambio de cuberta se asinou o pasado 16 de agosto, polo que as obras máis importantes xa se podían ter desenvolvido, evitando o suceso do pasado venres.

A construtora asume os danos

Así mesmo, o xefe territorial informou ao equipo directivo de que a empresa adxudicataria se fará cargo dos danos ocasionados por mor deste erro na previsión de actuacións. Na reunión celebrada onte participaron tamén representantes da Unidade Técnica da Consellería en Pontevedra e da empresa responsable do cambio de cuberta.

También te puede interesar