Cultura

A Deputación fai do ‘Samaín’ o protagonista da fin de semana máis misteriosa

Desde este venres 29 ao domingo 31 de outubro, Soutomaior, Portas, Caldas de Reis e Moaña acollerán un total de seis actividades teatrais

Samaín no VigoZoo o día 1 de novembro

A Deputación de Pontevedra dálle á benvida á fin de semana máis tenebrosa e misteriosa do ano cunha oferta cultural na que o teatro será o protagonista indiscutible.

Desde este venres 29 ao domingo 31 de outubro, os concellos de Soutomaior, Portas, Caldas de Reis e Moaña acollerán un total de seis actividades teatrais inseridas nos programas provinciais “Visitas teatralizadas de Samaín”, “Visitas caracterizadas” e Tornar as Táboas”. A proposta de lecer do ente provincial conta con accións dirixidas a todos os públicos.

‘Visitas teatralizadas de Samaín’

As “Visitas teatralizadas de Samaín” ao Castelo de Soutomaior confórmanse como unha atractiva opción turística e de lecer para festexar esta data. A Deputación, coincidindo con esta celebración tan sinalada no calendario, puxo en marcha este ano a primeira edición de dous percorridos cargados de enigmas para coñecer o lado máis terrorífico da fortaleza.

Familias e nenos poderán gozar de xogos e probas nas que o “Alemanote”, a pantasma do Castelo, estará moi presente; e os adultos/as disporán dunha proposta en horario nocturno protagonizada por personaxes do máis alá. As
dirixidas ao público familiar, cuxas entradas xa se esgotaron, terán lugar o domingo 31, e contarán con dous pases, un ás 12.00 e outro ás 16.30.

Pola súa banda, as visitas para adultos/as celebraranse este venres 29, ás 20.00. Tamén no Castelo de Soutomaior, o sábado 30 ás 11.00, estarán dispoñibles as “Visitas caracterizadas”, a perfecta oportunidade para percorrer e coñecer os detalles máis cobizados da fortaleza e parque botánico da man de María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria (representadas pola agrupación Aguias). Aínda poden adquirirse ás últimas entradas para ambas actividades no portal web do Castelo.

‘Tornar ás taboas’

Amais, a institución provincial reafirma o seu interese de achegar as artes escénicas aos seus concellos co programa “Tornar as táboas”, que está a levar polos municipios da provincia e o Centro Príncipe Felipe un total de 35 espectáculos a cargo de 35 compañías diferentes.

Esta fin de semana contará con tres novas funcións. O venres 29, ás 10.00, Viravolta Títeres ofrecerá o seu espectáculo “Barriga verde” en Portas; e o domingo 31 será a quenda de Amorodio Teatro con “Reino de extinción” ás 19.00 en Caldas de Reis e de Pérez y Fernández con “Os nenos da varíola” ás 19.30 en Moaña.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.