Galicia

A Xunta quere ‘recuperar’ esta semana as barras dos bares e o 100% de aforamento

No lecer nocturno subiría ata o 75%

Asegurouno o vicepresidente primeiro do Goberno galego nunha entrevista concedida á Radio Galega. Alfonso Rueda sinalou que o Comité Clínico que asesora á Xunta pode decidir este martes recuperar o 100% de aforamentos na hostalaría, así como a «normalidade» no uso das barras dos bares.

‘Adeús’ á situación de emerxencia en Galicia

As declaracións de Rueda seguen a mesma liña que as do presidente Feijóo o xoves pasado no que anticipaba a fin da situación de emerxencia en Galicia, vixente dende marzo de 2020.

Alfonso Rueda foi algo máis aló e tamén adiantou que podería ampliarse o horario dos locais de lecer nocturno- ata as 4 da mañá, presentando certificado COVID- e tamén o seu aforamento, chegando ao 75% no interior.

O obxectivo, sinalou, é unha volta á normalidade, «non será un retorno total á vida anterior [á pandemia]», aclarou, pero sí máis parecido.

No que non haberá alteracións será no uso da máscara no interior de locais públicos -comercios, centros comerciais, tendas, cines, teatros, etc- en todos eles haberá que levala posta, algo que non só contribuirá a conter a COVID, senón tamán a gripe, coma o ano pasado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.