Galicia

A Guarda conta cun novo escenario de plataforma para eventos culturais

Incorpora 150 cadeiras plegables

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de mercar un escenario de plataforma baixa e 150 cadeiras grazas ao remanente do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra por un valor de 11.912,14€.

Este novo equipamento ven a cubrir necesidades específicas de certos eventos culturais motivadas pola pandemia da COVID-19, para mellorar a calidade técnico-artística de numerosos eventos que se celebran ao longo do ano na vila da Guarda.

48 metros cadrados

O escenario é un GUIL modular cunhas dimensións máximas de 48m2 (8x6m) con patas telescópicas regulables en alturas comprendidas entre os 40 e 60 centímetros, que permiten adaptalo a diferentes espazos.

150 cadeiras plegables

En total mercáronse a través desta subvención un total de 150 cadeiras plegables con 3 carros para o seu transporte, o que facilita o seu traslado e uso en eventos culturais.

Esta adquisición, sinalan dende o Concello, «permitiu achegar ao público diferentes formatos culturais, amais de dispor dunha nova plataforma que mellorou a conexión entre o público e os artistas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.