Destacados Vigo al minuto

Terceiro revés xudicial para o Concello: ten que pagar a súa parte nos centros de día de Teis, Coia y Valladares

Rexeita o recurso contencioso e avala este sistema de financiación

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de  dar a razón á Xunta cunha nova sentenza, a terceira neste mesmo sentido, na que avala o cofinanciamento dos centros de día públicos en Vigo.

Desestima así o último recurso contencioso-administrativo presentado polo Concello vigués contra as liquidacións do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar correspondentes aos centros de Teis, Coia e Valadares. 

Non hai nulidade, como alegaba o Concello

Segundo recolle o alto tribunal, as liquidacións xiradas pola Xunta de non incorren nas causas de nulidade alegadas polo Concello de Vigo, «toda vez que se trata de asumir o financiamento duns servizos atribuídos pola lexislación autonómica aos entes locais e para cuxa prestación optouse por fórmulas de cooperación» entre administracións.

A resolución sinala que se trata dun servizo de carácter local cuxa xestión asumiu o Consorcio a instancias do propio Concello, mediante fórmulas de cooperación interadministrativa e de forma voluntaria.

Tampouco inconstitucionalidade

O TSXG rexeita tamén a cuestión de inconstitucionalidade exposta polo Goberno vigués, apoiándose en sentenzas do Tribunal Constitucional que deixan claro que «as comunidades autónomas, sendo competentes para regular aqueles servizos sociais e sanitarios, son competentes para decidir sobre a súa descentralización ou centralización e para ordenar o correspondente proceso de asunción competencial e traspaso de recursos».

Así mesmo, o TSXG lembra que o Concello de Vigo podería ter manifestado a súa vontade de desvincularse do Consorcio Galego de Benestar Social e non o fixo, polo que as liquidación se axustan á aplicación do réxime xurídico de cofinanciamento. 

Cómpre lembrar que o modelo de financiamento do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está vixente desde o ano 2017, foi avalado pola Federación Galega de Municipios e Provincias, e é de aplicación en todos os concellos que o integran.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.