Cultura

Últimas prazas para unha xornada de observación de estrelas na Guarda

As inscricións comezan este luns 6 de setembro ás 9:00h no teléfono 986614546 ou presencialmente na Oficina de Turismo

O Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organizou este verán a actividade «Venres de xullo baixo as Estrelas», para a observación de estrelas. Unha das citas programadas anulouse debido á climatoloxía e realizarase finalmente este venres día 10 de setembro ás 22:00h na Área Recreativa do Puntal.

As prazas para a esta actividade contan con 17 vacantes e as inscricións ábrense este luns 6 de setembro ás 9:00h no teléfono 986614546 ou presencialmente na Oficina de Turismo.

Principais constelacións

Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento empregando algunhas estrelas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.