Ciencia y Tecnología Destacados

Preto de 2.100.000 galegos xa temos postas as dúas vacinas contra a COVID

Galicia sí recibiu vacinas suficientes do Goberno central, exactamente unhas 4.200.000 doses

1.900 persoas vacináronse, sen cita previa, este sábado en Vigo

Os galegos inmunizados xa somos 2.070.868, o que supón o 84,4% da poboación diana e o 76,7% da xeral, dacordo cos datos da Consellería de Sanidade.

En total, 2.245.053 recibiron polo menos unha dose da vacina contra a covid, o que representa un 91,5% da poboación diana e un 83,1% da xeral.

Por edades

Segundo os mesmos datos, 1.646.047 galegos de máis de 40 anos recibiron polo menos unha picada -preto do 96% do total- e no grupo de 30 a 39 anos, 256.656 persoas -o 79,4%-.

Polo que ten que ver cos mozos de 20 a 29 anos, 181.596 xa teñen posta, cando menos, a primeira vacina -o 78,7% do total-; e outros 160.754 de 10 a 19 anos.

Galicia recibiu vacinas suficientes do Goberno

Os datos da Consellería de Sanidade indican que o Goberno central enviou a Galicia preto de 4.200.000 doses das cales administráronse xa 4.124.258 o que representa o 98,4%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.