Comarcas Vigo al minuto

Nigrán organiza o Camiño de Santiago en tres etapas, para persoas xubiladas

Consta de camiñatas de 20 quilómetros e autocar os días 11, 18 e 25 de setembro

O Concello de Nigrán ofrece aos seus maiores a posibilidade de realizar o Camiño de Santiago pola costa desde A Ramallosa adaptado a tres etapas de 20 km de andaina (complétanse con autobús) durante os sábados 11, 18 e 25 de setembro.

O aforo está limitado a 50 persoas xubiladas empadroadas no municipio que se atopen en boas condicións físicas e estén acostumadas a longas camiñatas. O Concello sufraga todos os gastos de desprazamento en autobús e guías e os participantes deberán abonar 10 € por cada xantar no respectivo restaurante concertado (30 € en total).

Inscrición e data de inicio da excursión

A inscrición realizarase presencialmente este xoves e venres 2 e 3 de setembro na Oficina de Información Cidadá do Concello de 10:00 a 12:00 horas.

A excursión partirá o 11 de setembro ás 9:00 horas camiñando desde A Ramallosa con parada para comer e autobús a continuación a Pontevedra para finalizar cunha ruta turística nesta cidade (sempre inclúe o regreso a Nigrán en autobús).

A seguinte etapa será o 18 de setembro con saída en autobús desde o Concello de Nigrán cara Pontevedra para camiñar desde aí a A Cancela e, posteriormente e xa en autocar, realizar unha ruta turística en Caldas de Reis.

Finalmente, o 25 de setembro os participantes irán desde Nigrán a Padrón en autobús para coñecer esta localidade e desprazarse despois ao Monte do Gozo co obxectivo de chegar a pé á Praza do Obradoiro.

As persoas inscritas serán citadas á unha presentación no Pazo de Pías o venres 10 de setembro ás 21:00 horas onde se lles achegará un ‘kit’ para facer o Camiño máis comodamente (camiseta, mochila, etc.) e alí abonarón o custe dos tres xantares.

«Este é Ano Santo e os nosos maiores despois dun confinamento tan duro precisan ter opcións de lecer que inclúan actividade física e socialización, polo que consideramos esta opción como a máis estimulante que ofrecer neste mes de setembro», explica María Mayán, edil de Maiores.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.