Comarcas

Comezan as obras da Praza de Ponteareas, en Redondela

As obras contan cun investimento de máis de 730.000€ e un prazo de execución de 10 meses

Comezan as obras da Praza de Ponteareas, en Redondela

O Concello de Redondela iniciou esta semana as obras de remodelación da Praza de Ponteareas, uns traballos que segundo a alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Urbanismo, María Castro, permitirán «a total transformación dunha das principais vías de entrada ao casco urbano».

O asfalto, explica Castro, «deixará paso a un espazo pensado, fundamentalmente, para o desfrute da veciñanza e no que as e os peóns teñan prioridade sobre os vehículos».

2,5 millóns e inversión

O proxecto global de futuro supón a transformación das principais vías de Redondela, e o importe total das obras ascende a máis de 2.5 millóns de euros, estas obras serán desenvolvidas en 8 fases. O proxecto foi redactado polo estudo Gándara y Pons quen, dende o principio foi quen de interpretar a idea do Goberno local «de converter o ámbito de actuación nun lugar, pensado para as persoas, e que integrase nel o conxunto o monumental Pazo de Vilavella nunha gran praza central».

Dúas rutas xacobeas

Precisamente nese gran espazo de entrada no que únense as dúas Rutas Xacobeas que atravesan o municipio –o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa– e grazas á nova praza, «o propio Camiño quedará integrado como parte importante do patrimonio histórico e cultural de Redondela».

A obra da primeira fase foi adxudicara á empresa Xestión Ambiental de Contratas, S. L. por importe de 736.182,65 euros, conta cun prazo de execución de 10 meses e está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirexional de España (POPE) 2010-2014 e Estratexia DUSI Redondela 2020.

Reforma integral e servizos de saneamento e abastecemento

Esta primeira fase implicará unha reforma integral que inclúe unha renovación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais e unha importante modificación da cota existente, amais da renovación da iluminación, novo mobiliario urbano e plantaranse un gran números de árbores.

A sinatura o pasado 24 de agosto de 2021 da ‘acta de replanteo’ marcou o inicio destas obras que son acollidas «con enorme ilusión» por parte do Goberno que preside Digna Rivas xa que, como subliña a alcaldesa «marcan o inicio da transformación de Redondela para converterse nun municipio de futuro e con futuro».

A nova Praza de Ponteareas e o que significa para o desenvolvemento futuro de Redondela, será presentada á veciñanza nunha reunión informativa que terá lugar o vindeiro día 8 de setembro no Multiúsos da Xunqueira.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.