Comarcas

O pavillón municipal do Rosal estreará un pavimento de última xeración

As obras teñen un custe de 48.000€

O Concello do Rosal está a piques de rematar as obras de renovación do pavimento do pavillón municipal. Son uns traballos de mellora que permitirán «practicar deporte de xeito intensivo e seguro, diminuíndo o risco de lesións».

Segundo indica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, «debido ao grande uso do pavillón o pavimento atopábase deteriorado e non ofrecía as condicións óptimas de amortiguación para o uso deportivo».

Colaboración Concello-Xunta

Estas obras leváronse a cabo a través do convenio de colaboración entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Como explica a alcaldesa estas actuacións «eran necesarias para poñer un pavimento que permitirá desenvolver calquera actividade deportiva con calidade».

De última xeración

Para acometer as obras levantouse o pavimento anterior e colocouse un aeroelástico con acabado de madeira. O mesmo está composto por unha estrutura inferior sobre unha lámina de polietileno de galga estendida previamente sobre a soleira para evitar a penetración da humidade. Enriba sitúase unha estrutura de listóns de madeira e por riba unha lámina e as pranchas encargadas de recibir a carga e redistribuíla cara a estrutura aerolástica. Por último recolocarase o pavimento de PVC retirado.

Os traballos de mellora supuxeron un investimento total de máis de 48.000 euros financiados ao 80% pola Secretaría Xeral do Deporte e o 20% restante con fondos propios. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.