Cultura

Dende este luns, podes activar o ‘Carné Xove’ por vía electrónica

Dende as 12:00h. entrando na web de Xuventude

Carné Xove

As mozas e mozos galegos poderán activar o Carné Xove tamén por vía electrónica. A Xunta vén de habilitar un formulario na rede para que aqueles que reciben a tarxeta por primeira vez e non poden esprazarse
para activala, poidan facelo desde a súa casa. De igual xeito, os 36 puntos de activación presenciais seguirán dispoñibles.

https://twitter.com/Xunta_c/status/1406688564713242627

A Xunta está a enviar aos máis de 400.000 mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos esta tarxeta de xeito gratuíto aos seus fogares.

Aqueles que con anterioridade ao envío xa tiveran o carné, simplemente recibirán un novo coa imaxe actualizada da tarxeta e xa estará listo para utilizar.

Os que non tiñan Carné Xove deberán activalo, ben nalgún dos 36 puntos habilitados en toda a Comunidade ou ben por vía electrónica.

Dende as 12:00h deste luns

Se a activación se fai a través da rede, a partir das 12.00 horas deste luns habilitarase na web de Xuventude un formulario no que os novos usuarios terán que cubrir os seus datos.

No paso duns días recibirán o código de identificación EYCA (European
Youth Card)
ao correo electrónico de referencia. Unha vez recibido, deberase anotar o código manualmente na tarxeta, en concreto, no apartado número de carné.

É preciso destacar que este número de identificación, persoal, é necesario para desfrutar das vantaxes que ofrece este carné tanto na comunidade galega como en España ou nos resto de países da Unión Europea.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.