Comarcas

Verónica Tourón, nova alcaldesa de Salceda

A socialista Verónica Tourón tomou posesión este martes como nova alcaldesa de Salceda de Caselas. Sucede no cargo a Loli Castiñeira, de Movemento Salceda, cumprindo así o pacto de goberno subscrito logo das Eleccións Municipais de 2019.

No mesmo establecíase que Castiñeira ocuparía a Alcaldía os dous primeiros anos de mandato e Tourón os dous segundos. Verónica Tourón que foi proclamada alcaldesa grazas aos 7 votos do grupo de goberno e con 4 en contra dos concelleiros do Partido Popular.

A nova alcaldesa comprometeuse na súa toma de posesión a manter a unidade do goberno, fixo un chamamento ao diáligo á oposición e lembrou que «estamos aquí por e para os veciños, para nada máis».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.