Galicia Vigo al minuto

A Biblioteca Juan Compañel adica xuño a contos de onte e o Camiño de Santiago

O 8 de xuño abre a inscrición para o Obradoiro Steam 21

A Biblioteca Pública Juan Compañel, de Vigo, xestionada pola Xunta, dedicará xuño aos contos de onte e ao Camiño Portugués no marco do Xacobeo 21-22.

Pola súa banda, o público infantil seguirá gozando ao longo do mes das habituais sesións de contacontos. A programación completa pode consultarse na web do centro bibliotecario.

Dende o martes, día 1

Así, a partir do vindeiro martes as persoas que se acheguen ao centro poderán coñecer a través da mostra bibliográfica Contos de onte: que lían os nosos avós?’, as lecturas máis populares entre os rapaces da posguerra española, como o famoso TBO ou a saga de novelas infantís Celia.

Xa de cara ao verán e ao tempo de lecer, do 14 de xuño ao 30 de setembro instalarase a exposición ‘De caminho a camiño: o camiño portugués da costa‘, que descubrirá as etapas e lugares desta ruta, a prol do turismo de proximidade. Xunto a ela haberá un centro de interese con guías turísticas e obras vinculadas aos lugares senlleiros deste vieiro tradicional.

Público infantil

Canto ao público infantil, continúa desenvolvéndose o programa Os sábados, conto, dirixido a nenas e nenos a partir de 4 anos. Vero Rilo abre o mes con E a ti…que che contaban?, un espectáculo de narración oral que combina contos con xogos cotiás que xa non o son tanto, nun achegamento á memoria tradicional e familiar compartida. Será o día 5 con dúas sesións, unha ás 12,00 e outra ás 13,00h.

O sábado 12, César No presentará as historias dun príncipe que quería vestir de rosa, dunha princesa que desexaba ser pirata e dunha chea de animais que buscan romper cos estereotipos asignados a cada xénero, con Príncipes rosas e princesas pirata.

O día 19 péchase o programa con Mariña, contos nacidos no mar. Será da man de Raquel Queizás e dunha serea galega que viviu hai moitos anos e que sae da auga para compartir as súas historias.

Bebés

Os bebés ata 3 anos gozarán da Biblioteca dos pequenos o xoves 3, con Ana Facchini e os seus cantos e contos de animais en Bechiños; e o 17, cos Contos cativos de Charo Pita.

Obradoiro para o verán

Co gallo do comezo da programación de verán, o día 8 de xuño abrirase na Biblioteca Juan Compañel a inscrición para o obradoiro Steam 21. O mesmo se desenvolverá do 5 de xullo ao 30 de agosto en catro quendas de dúas semanas.

A actividade, dirixida a rapaces de 7 a 14 anos, realizarase de luns a
venres, de 10,30 a 13,30h
. Nas sesións practicarase deseño e impresión 3D, programación con Scratch, Robótica con Mbots e Mini-Drons.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.