Cultura Destacados

Alarma ante a «precaria situación» do Aquivo Pacheco

Advirten das «inadecuadas condicións de conservación»

Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG, alertou da «precaria situación» do Arquivo Pacheco de Fotografía.

O Bloque Nacionalista Galego demandou, coincidindo co 30 aniversario da adquisición do arquivo fotográfico por parte do Concello, o fun do seu «confinamento». Así mismo, o Bloque denuncia o «reiterado incumprimento» do convenio asinado en 1991 por parte da administración local e a precaria situación na que se mantén o Arquivo, almacenado na Casa das Artes en condicións inadecuadas de conservación, coa dixitalización por completar e sen ser accesíbel para o conxunto do público.

Entre 120.000 e 140.000 imaxes

O concelleiro do BNG salientou a «grande relevancia» do Arquivo Pacheco, integrado por entre 120 mil e 140 mil imaxes (entre fotografías, negativos e placas de cristal). «O Arquivo Pacheco é a memoria visual de preto dun século Da nosa historia. A memoria é o soporte da nosa identidade, somos porque fomos, e o maltrato que padece o Arquivo lesiona esa identidade».

Igrexas lamentou a continuada falla de compromiso por parte do Concello de Vigo en relación a estes fondos agás no período 2007-2011. «Incúmprense todos e cada un dos compromisos recollidos no convenio que permitiu que a cidade se fixese con este fondo fotográfico», critica.

«Desleixo e desprezo do Goberno local»

O portavoz municipal nacionalista carga con dureza contra o «desleixo e desprezo» do actual Goberno local en relación ao Arquivo Pacheco. Igrexas lembra que de maneira reiterada rexeitaron as propostas e emendas orzamentarias formuladas polo BNG para dignificar a súa situación.

«O que merece o Arquivo Pacheco é ser conservado, dixitalizado e sobre todo exhibido, para que todas as viguesas e vigueses, todas as galegas e galegos, poidamos coñecer este incomparábel testemuño gráfico da nosa historia», acrecenta.

Finiquitado o Centro Galego de Fotografía

Neste sentido, Igrexas volveu lamentar a decisión do Goberno de Abel Caballero de «finiquitar o proxecto de Centro Galego de Fotografía», que debía albergar estes fondos, para dedicar o seu edificio a ser «despacho da presidenta da Deputación».

Desde o Bloque chaman a poñer fin á política «suicida» que, segundo apuntan, practica o Concello no ámbito cultural, e a reverter a «situación inaceptábel» na que se atopa o Arquivo Pacheco. «É só cuestión de vontade política. O Concello conta cos medios e cos recursos para facelo», sinalan.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.