Destacados Vigo al minuto

O BNG pide a Caballero que abra os parques infantís antes de Semana Santa

En xullo o Goberno local adxudicó a desinfección en 24 horas

O Bloque Nacionalista Galego vén de urxir o Goberno municipal á reapertura de todos os parques infantís da cidade. O BNG reclama que sexa antes das vacacións de Semana Santa, dentro das medidas de desescalada.

A meirande parte fechados dende outubro

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lembrou que na actualidade só están abertos 15 parques infantís e que a meirande parte destes levan fechados desde mediados de outubro, como resultado dunha decisión «arbitraria sen ningún tipo de base científica e que o único que provocou foi a masificación dun pequeno número de parques».

Igrexas destaca a importancia de habilitar espazos seguros ao ar libre que permitan o esparcemento dos pequenos. «Abel Caballero castigou as crianzas de Vigo sen parques sen ningún motivo e agora cando se están abrindo outro tipo de instalacións e dotacións públicas non hai xustificación para manter os parques fechados», defende.

Propaganda sen data

Para o Bloque o anuncio feito polo alcalde de o Goberno Local acordou iniciar a licitación para a desinfección dos parques infantís é «fume».

«Na orde do día da Xunta de Goberno de hoxe non figuraba ese asunto, e no perfil do contratante do Concello de Vigo non hai ningunha información sobre ese procedemento. «Estamos diante de pura propaganda sen data», reprochou Igrexas. Aliás, lembran que o Goberno municipal asegurou hai varios meses estar a traballar nesta licitación «pantasma» da que nada se sabe e que hoxe se anuncia sen concretar os prazos.

En xullo a desinfección adxudicouse en 24 horas

O portavoz municipal do BNG entende que a reapertura debe producirse coincidindo co inicio das vacacións. «Só depende da vontade política facelo, porque en xullo do ano pasado a desinfección dos parques adxudicouse en menos de 24 horas«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.