Galicia Vigo al minuto

Comeza a ‘Escola de letras’ da Deputación e a Editorial Galaxia

O pioneiro programa da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia, arranca este luns co primeiro obradoiro de Inma López Silva e con todas as prazas completas

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia volve este luns, 15 de marzo, a abrir as súas portas virtuais ao alumnado.

Co título de “Tod@s temos unha historia que contar” a Escola inaugura os cursos deste ano coa escritora Inma López Silva que desenvolverá o seu Obradoiro Literario os días 15 e 22 de marzo; 12,19 e 26 e abril; 3, 10 e 24 de maio.

Con 15 alumnos por clase, a docente tamén impartirá outro curso, de maneira telemática, durante oito sesións, os días 17 e 24 de marzo; 14, 21 e 28 de abril; 5, 12 e 19 de maio.

6 cursos este ano

A Escola de Letras oferta este ano un total de 6 cursos moi variados como son, amais dos de López Silva, o Obradoiro de Poesía con Antonio García Teijeiro, o Obradoiro Literario con Anna R. Figueiredo: Escribir unha novela, o Obradoiro Literario con Diego Giráldez e o Obradoiro de Poesía con Elvira Ribeiro Tobío.

Ante a ampla demanda, todos os cursos están completos e con lista de agarda de 60 persoas.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar, poden
escribir a [email protected] para entrar nas listas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.