Galicia Vigo al minuto

‘Cribados masivos’ a 10.860 veciños de As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario e Porriño

Dende hoxe ata o domingo: os residentes no Condado no Covid-Auto do Meixoeiro e os porriñeses no Ifevi

A Área Sanitaria de Vigo continúa desenvolvendo cribados poboacionais a persoas asintomáticas para detectar aquelas positivas que non presentan síntomas.

Neste contexto, nestes días vaise realizar estes cribados, mediante a proba PCR, a 10.860 persoas dos concellos de As Neves (1.669), Mondariz (1.811), Mondariz Balneario (380) e Porriño (7.000).

Así, esténdese esta actuación sanitaria nesas comarcas da Area viguesa, onde xa se invitara a participar a 13.560 persoas dos concellos de Tomiño, Mos, A Cañiza, Salvaterra e Ponteareas.

De feito, as persoas seleccionadas dos Concellos de O Condando-Paradanta xa están  acudindo hoxe a realizarse a proba PCR no Covid-Auto do Meixoeiro, e o farán ata o próximo domingo. A poboación de Porriño se convocará no Instituto Ferial de Vigo (IFEVI) na tarde de mañá, venres, e o domingo día 7.

O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten sintomatoloxía, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública; ao ter un bo estado de saúde, continúan coa súa vida habitual.

Persoas de 20 a 70 anos de idade

A Área Sanitaria de Vigo oferta participar neste cribado a unha porcentaxe da poboación no rango de idade entre 20 e 70 anos; que non teña realizada unha proba PCR no que vai de ano; e dispoña dun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos “Lembra”, que autoriza ás autoridades sanitarias a enviar notificacións a través de mensaxes SMS.

As persoas seleccionadas son contactadas polo Servizo Galego de Saúde e invitadas a realizarse a proba diagnóstica PCR. A súa participación é completamente voluntaria. Se deciden aceptar, se lles facilita unha cita -con dia e hora- para achegarse ao dispositivo sanitario habilitado, no que se lle tomará unha mostra nasofarínxea para o seu posterior procesamento.

Resultados cribado Salvaterra e Ponteareas

Tras o cribado realizado onte nos Concellos de Salvaterra e Ponteareas no IFEVI, os resultados foron os seguintes; en Ponteareas, das 3.000 persoas convocadas, participaron 1.905 (un 63,5%) e diagnosticáronse 3 casos positivos

En Salvaterra, dos 2.400 seleccionados participaron 1.348 (un 56,3%) e non se diagnosticou ningún caso positivo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.