'Qué te cuentas?' Galicia

Piden á Xunta a intervención da residencia DomusVi de Ribeira onde hai 74 casos de COVID

Denuncian que os seus responsábeis «seguen tomándose a broma os protocolos» e non cubren as baixas de persoal

A asociación de familiares e usuarios de residencias Vellez Digna ven de solicitar a Consellería de Politica Social e a de Sanidade a intervención da residencia DomusVi de Ribeira.

Esta solicitude, sinalan dende a asociación, está motivada porlo feito de que «os xestores de DomusVi non foron quen de impedir o contaxio masivo nela e que a situación empeora cada día». Para os familiares dos usuarios, «cúmpre que a Xunta actúe e aparte da xestión aos responsables desta residencia antes de que empeoren as cousas como xa pasou noutras dese grupo»

Prima o beneficio económico

Para a asociación hai «sobradas experiencias pasadas sobre as xestións realizadas por DomusVi como para poder aseverar que cando non o fan mal o fan peor que mal, son os xestores das residencias mais mortais de Galicia e a pesar delo seguen tomándose a broma os protocolos e seguen a ser as suas residencias un lugar moi perigoso para maiores e dependentes».

Os familiares subliñan que o procedemento é igual en tódalas residencias deste grupo, «sigue primando o beneficio económico sobre a prevención». Denuncian que hai «moita publicidade e poucos coidados», que «seguen sen cumprir as rateos de persoal, habitualmente por debaixo dos mínimos, sen cubrir as baixas, nin os dias libres en lugar de reforzarse ben, e así é imposible facer prevención».

61 residentes e 13 traballadores contaxiados

Con 61 residentes e 13 traballadores contaxiados «cuxas baixas están, como de costume, sen cubrir»,  para os familiares, debe apartarse os responsables desta residencia da súa xestión e «denuncialos ante a Fiscalía, porque esta claro que teñen algunha responsabilidade no ocorrido».

Á vista destes feitos, piden á Xunta a inmediata intervención da residencia Domus Vi de Ribeira, «aportación de persoal  organización e medios». Así mesmo, demanda a «investigación da orixe do brote e o traslado a Fiscalía de toda a información que se teña sobre  esta residencia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.