Destacados Vigo al minuto

A Deputación impulsa o papel das mulleres produtoras e comerciantes da provincia

‘Elas son a forza do Nadal’ estará en redes sociais en en medios on y off line

“Todo o que chega aos nosos pratos no Nadal, pero tamén durante todo o
ano, é posible grazas ao traballo diario das mulleres”
, salientou este mércores a presidenta da Deputación durante a presentación da campaña ‘Elas son a forza do Nadal’

A mesma, protagonizada por nove mulleres produtoras e comerciantes da provincia, divulgarase en redes sociais e medios online e offline.

“Queremos poñer en valor o traballo que desenvolven as mulleres do sector
primario da nosa provincia que permiten que o mellor produto, o produto d
proximidade, poida chegar ás nosas mesas durante o Nadal”,
destacou Carmela Silva.


A campaña estará protagonizada por nove mulleres reais da provincia de Pontevedra que permitirán, en palabras de Silva, “poñer en valor o seu traballo, defender ás nosas produtoras e facer un chamamento á xente para que merque produto do noso e no comercio local”.

«O rural só terá futuro se as mulleres deciden quedarse nel»

A presidenta aproveitou amais a ocasión para reivindicar cuestións que afectan directamente ás mulleres do sector primario da provincia, sumándose á causa das redeiras, que reclaman a aplicación do coeficiente redutor para a xubilación. Tamén incidiu no papel das mulleres no
mundo rural: “soamente terá futuro se as mulleres deciden quedarse nel”.

9 mulleres protagonistas

En total son nove as mulleres protagonistas da segunda edición da campaña
“Elas son a forza do Nadal”. Trátanse de mulleres profesionais autónomas ou profesionais de empresas de distintos sectores da provincia que falan do seu traballo, a súa paixón por el, as dificultades e o trato que reciben.

En concreto, aparecen no vídeo Bea Reimóndez, pescadeira e propietaria de “La Pescadería de mi Barrio”, no Mercado de Teis en Vigo, cuxa aposta polas redes sociais e as TIC permitiulle enviar peixe durante o confinamento por todo Vigo e mesmo fóra da cidade; Mariví Álvarez, presidenta de AcuBam e viveirista socia de Viveiros Río Tollo, no que traballan un 90% de mulleres; Margot Cacabelos, avicultora e propietaria dunha granxa avícola en Cambados, que ten moi en conta a sustentabilidade e benestar animal; María González, panadeira e propietaria de Panadería Paulino en Rellas, Silleda, na que ela é xa a terceira xeración; Marina Álvarez, redeira en A Guarda e vicepresidenta da Asociación de Redeiras Atalaia dende a que están a loitar para que se lles aplique un coeficiente redutor para a xubilación; Susana González, percebeira-ouriceira, patroa maior da Confraría “La Anunciada” de Baiona, que destaca no vídeo da campaña a liberdade independencia económica que lle outorga o seu traballo; María Luz García,
gandeira e propietaria dunha explotación en A Silva, A Estrada, tamén ecolóxica e respectuosa co benestar animal; e Cristina Yagüe e María Falcón, viticultoras e propietarias de Anónimas Vicitultoras (Cambados), unha empresa cuxo nome rende homenaxe ás mulleres non recoñecidas do mundo do viño, sector tradicionalmente masculino.

Ligada á campaña “Agora, máis que nunca, non perdamos a proximidade”

“Elas son a forza do Nadal”, que inclúe vídeos e carteis inviduais, está moi ligada á campaña “Agora, máis que nunca, non perdamos a proximidade” que lanzou recentemente a Deputación de Pontevedra para apoiar ao comercio e ao produto local. Ambas iniciativas seguen ás que se impulsaron no mes de maio “Elixe comercio local” e “Pontevedra provincia na túa cesta”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.