Comarcas

O Rosal continúa dando pasos cara a reforma do seu mercado municipal

O obxectivo é que sexá un centro de dinamización, fomentando o produto local de proximidade

O Rosal continúa dando pasos para a mellora da praza de abastos. Este xoves o Concello aprobaba en Pleno por unanimidade a nova ordenanza fiscal e reguladora do mercado.

«Unha reforma integral do mercado municipal require tamén unha actualización e ordenación da situación a nivel de funcionamento que reverterá nun maior beneficio social«, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Deste xeito, o pleno deu luz verde á modificación das taxas de ocupación e uso do mercado municipal de abastos, que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2022, e aprobou a ordenanza que regula a actividade comercial que se desenvolve na praza de abastos e a concesión da explotación dos distintos postos.

Centro de dinamización

Esta nova ordenanza recolle o espírito do mercado do Rosal, que se reformará integramente para convertelo en centro de dinamización económica e social do núcleo urbano, fomentando a compra de produto local de proximidade.

Este regulamento, que entrará en vigor aos 15 días da súa publicación no BOP, establecerá «un novo marco de relación entre o Concello e os titulares de todos os puntos de venda deste mercado municipal para facilitar a xestión deste servizo público en beneficio da veciñanza», explicou a alcaldesa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.