Galicia Vigo al minuto

A Deputación aprobará destinar 2,7 millóns a cinco concellos máis da provincia

Se destinarán a Tomiño, A Cañiza, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo

A Deputación de Pontevedra aprobará este venres novos recursos, por valor de case 2,7 millóns de euros, para os concellos de Tomiño, A Cañiza, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo.

Plan Concellos

En concreto, Tomiño, Vilagarcía e A Cañoza, recibirán 440.686€ da liña 1 do Plan Concellos.

Tomiño recibirá dúas achegas de máis de 375.000 € da Deputación. Así, destinaranse 261.574 euros para a integración do campo da feira no espazo público peonil do Seixo entroncando coa rúa Gondomar de xeito seguro para as/os peóns. Neste eido, a presidenta, Carmela Silva, aproveitou a ocasión para poñer en valor o grande avance impulsado por Tomiño «na creación de espazos públicos para as persoas con recursos e investimentos da Deputación». Amais, mediante outra achega de 115.092 € destinada á mesma vila tamén se vai equipar e reformar a cuberta do auditorio de Goián.

A Cañiza e Vilagarcía

No caso da Cañiza, os recursos da Deputación ascenden a 60.000 € que permitirán á vila adquirir unha motoniveladora para manter as vías muncipais. Finalmente ata Vilagarcía irán 4.018€, procedentes da baixa dunha adxudicación, para o campo de fútbol de Vilaxoán.

Convenios Pontevedra e Vigo

Xa fóra do Plan Concellos, que non afecta ás cidades de Pontevedra e Vigo, a Xunta de Goberno aprobará tamén este venres convenios cos dous concellos para executar actuacións que ascenden a 2,24 millóns de €.

No que respecta a Vigo trátanse de 616.000 € dos que a Deputación, tal e como informou a presidenta, achegará 600.000 € e o concello 16.000 €, e permitirán construír estruturas cubertas nos centros educativos de Balaídos e Pintor Laxeiro. «Trátase dunha grande demanda dos centros educativos, que debería facer a Xunta de Galicia que é a que ten competencias nesta materia pero que como non o fai son os concellos os que se fan cargo», asegurou.

No que respecta a Pontevedra, o convenio entre a Deputación e o goberno local ascende a 1.621.644,44 € dos cales a institución provincial financia a súa totalidade. Con estes recursos executarase un novo campo de fútbol de herba artificial en Salcedo, construíndo tamén, tal e como detallou a presidenta, novas edificacións para vestiarios, aseos, cantina, enfermería e almacéns, así como bancada e outra estrutura complementaria para almacén de bicicletas e aula de natureza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.