Cultura

O concerto de Sés no Rosal este venres 13 de novembro, en vivo e en streaming

Para evitar a mobilidade xeográfica, as entradas sortearanse entre as persoas empadroadas no Rosal que tiñan a súa entrada reservada para o concerto que se ía celebrar o pasado mes de outubro

O Concello do Rosal «aposta por unha cultura na que se priorice a saúde das persoas». Por iso, debido á actual situación epidemiolóxica, o Concello optou por reinventar e adaptar á nova realidade o concerto que a artista Sés dará este venres 13 de novembro no Auditorio Municipal (20.00 h).

A artista dará un concerto en vivo para un aforo reducido e vía streaming en aberto para o resto do público.

Para evitar a mobilidade xeográfica, as entradas sortearanse entre as persoas empadroadas no Rosal que tiñan a súa entrada reservada para o concerto que se ía celebrar o pasado mes de outubro e que tivera que adiarse por motivos de saúde da cantareira. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.