Destacados

A Cátedra Feminismos 4.0 estrea web centrada no compromiso coa igualdade

Servirá como medio para impulsar a igualdade, a comunicación e unha maior presencia da muller nas carreiras STEM

“Se hai algo que é realmente universal é a igualdade, non hai outro valor máis fundamental”.

Con estas palabras, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, presentou hoxe a nova web da Cátedra Feminismos 4.0, www.catedrafeminismos.gal “un espazo moi importante que permitirá vertebrar todos os proxectos desenvoltos ao redor desta iniciativa”.

https://twitter.com/depo_es/status/1323204364555546624

«A igualdade é un compromiso»

Carmela Silva e o reitor Manuel Reigosa coincidiron en que “a igualdade é máis que unha bandeira, é unha obriga e un compromiso”. A presidenta provincial lembrou que a cátedra de feminismos, posta en marcha coa Uvigo fai un ano, “é unha iniciativa pioneira que nos sitúa aínda máis como referencia a nivel nacional no ámbito de investigación e innovación”.

En canto á web, destacou que “é unha carta de presentación pero ao mesmo tempo un lugar de onde atopar todo tipo de información tanto vinculada á Cátedra como ao coñecemento, á investigación e innovación e á análise feminista”. Amais, subliñou que “vai haber información moi relevante de estudos de xénero porque o feminismo é un proxecto de transformación
baseado en análises rigorosas”.

A UVigo, un referente

Na presentación, Silva tamén puxo en valor a “o traballo excepcional” da Universidade de Vigo e a súa capacidade para transformar, “é un referente en todos os seus posicionamentos en relación á presencia das mulleres e na loita porque ocupemos a metade dos espazos”.

Son necesarias máis mulleres nas carreiras STEM

A presidenta amosou a súa preocupación porque o número de matriculadas nas carreiras STEM (ciencia, tecnoloxía, inxenería e matemáticas) sexa cada vez menor, “a ciencia e a tecnoloxía son claves no mundo actual e van ser prioritarias no corto, medio e longo prazo”.

Espazo virtual de difusión e comunicación global

A web da Cátedra é un espazo virtual para comunicar toda a actividade do proxecto, difundir publicacións de interese, informar sobre convocatorias e enlazar a organizacións que traballen nesta área.

Máis polo miúdo, as usuarias e usuarios poderán encontrar nela toda a información e noticias sobre a Cátedra (seminarios, avisos sobre bolsas de investigación, axenda de actividades, etc) e tamén vídeos propios, como é o caso do Workshop 2019 da Cátedra.

Amais, tamén se enlaza con diferentes entidades investigadoras neste ámbito como é MediaLab en Vigo, Donestech en Barcelona, GenderlT.org (en Sudáfrica, América Latina e India), Fundación Activismo Feminista Digital (Argentina), distintas universidades norteamericanas, e outras institucións. As persoas interesadas tamén poderán subscribirse ao boletín de novidades, que se enviará cada quince días.

Comité de sabias

A presidenta provincial lembrou que no pasado mes de xullo a Deputación renovou o convenio coa Universidade de Vigo e xa están en marcha novas actividades coma os premios GirlGeekCovid e novas axudas á investigación con perspectiva de xénero. Amais, recordou que se creará un comité de sabias e se organizará un workshop virtual que dará continuidade ao que se celebrou o ano pasado “Sociedade dixital e xénero: hackeando o patriarcado”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.